martes, 2 de maio de 2017


LIGHTPAINT

Aquí temos o resultado do traballo conxunto dos alumnos dos tres centros de Ponteareas e os alumnos do Archbishop McHale realizado nunha das actividades enmarcadas no proxecto Erasmus durante a súa visita en Febreiro.

Centráronse no elemento común dos petroglifos e realizaron unha actividade innovadora coñecida como "lightpaint", na que debuxaron distintos motivos con luces de cores, para montar a continuación o seguinte video. 

Moitas grazas á profesora de Educación Plástica e Visual do IES Pedra da Auga, onde se fixo a actividade, que foi a promotora desta actividade! E a todos os profesores que colaboraron coa supervisión!

Pasárono xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario