mércores, 10 de maio de 2017

O VERDE FENDEDOR E MOLDES por MIGUEL LOSADA

O Pazo de Tizón en Moldes-Boborás é o corazón da ancestral Cultura Galega e se entendemos A Cultura como o principal froito dunha organización colectiva, inevitablemente significa as esencias e a alma mesma do Pobo Galego. Un pobo que leva habitando esa parte do Planeta desde moito antes dos primeiros rexistros históricos ata a súa configuración territorial definitiva co Emperador Augusto no 19 a.C.
Cando se fala de 1921, a Xeración Nós e Don Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Don Florentino López Cuevillas, Don Antón Losada Diéguez e Don Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a miña opinión é irrelevante, sempre me aproximei a eles como un alumno a un profesor. Si podo dicir que tiven a sorte de ter acceso á súa correspondencia privada, conservada en mutitud de manuscritos en Moldes e que desde moi neno desenvolvín un "pequeno xogo" que curiosamente agora empeza a dar os seus froitos. Sempre me fascinou, por exemplo, saber que os membros da Xeración Nós utilizaban nomes falsos nas súas cartas por medo a que estas fosen interceptadas..que pasaba, pasou e pasaría por aí fóra naqueles tempos é outra conversación que nunca debe ser esquecida e como tal traspasada ás novas xeracións.
 Recordo moi ben, porque así o teño apuntado, que foi un 4 de Agosto de 1981, mentres no salón nobre desenvolvíase unha "importantísima reunión" con múltiples representantes da vida política e cultural galega, eu daquela tiña tan só nove anos, que me coei e encerrei ás agachadas no despacho do meu avó e copiei a primeira carta entre el, Castelao e Risco- algo que en teoría "non se podía facer baixo Pena de morte". Unha copia desa copia desa carta foi

entregada, xa nos anos 90, aos descendentes dos mencionados insignes galeguistas e de aí xurdiu unha preciosa amizade que se prolonga ata os nosos días. Ese precedente de "entrar ás furtadelas e roubar Historia de Galicia copiando correspondencia" converteuse nun hábito que me levou a coñecer as orixes, pobos, xenealoxía, viaxes, dificultades e alegrías de todas e cada unha das familias e descendentes dos arriba mencionados.
Como tal Conversación e Explicación e máis aló da fermosura lírica da nosa lingua debe ser dito que o Ser Galego está dotado dunha conexión singular e única co Medio. O verde fendedor, a imensa variedade da nosa biodiversidade e o mar son os verdadeiros acenos de identidade de Galicia, un non pode ser entedido sen o outro. Como consecuencia hai unha explicación e unha maneira de entender e explicar A Vida a través do traballo, a cultura e sobre todo, o caracter pacífico e nunca belixerante do Pobo Galego. Ese carácter pacífico do Ser Galego, non entendido como unha opción política ou organizativa senón derivado de ser unha colectividade altamente culta e creativa en todas e cada unha das esferas e  profesións das Ciencias do Saber, é o que a xeración Nós e os que a fundaron transmitiron á miña xeración e o que eu sinto debe ser transmitido á xeración vindeira para que non se perda A Explicación E A Conversación...moi especialmente nestes tempos de Cambio Climático onde a biodiversidade galega está máis ameazada que nunca do mesmo xeito que todas as demais ao longo do noso Planeta, de novo e oxalá por última vez, debe usarse Esa Explicación E Esa Conversación.
Esa Explicación E Conversación levoume a millóns de lugares, persoas, personaxes, pasaxes e paisaxes...sempre coa Cultura Galega como "causa litigandi". Sen ir máis lonxe onte despráceme a Balbriggan, County Dublín coa miña boa amiga Sinead Muldoon de Tuam, que acaba de ser nai do seu quinto fillo, e realicei unha presentación ante 30 pais de alumos e 5 profesores na recentemente aberta e inaugurada escola de fala gaélica  Coláiste Ghlór na Mara. Como consecuencia 30 alumnos irlandeses e 30 galegos, neste caso de Ribadavia, commenzarán xuntos en setembro deste ano un proxecto de investigación en lingua galega e gaélica financiado pola U.E  sobre o seu pasado medieval común e seguirán os vosos pasos visitando Moldes en breve.
Finalmente e o máis importante de todo, outro elemento de Moldes é por suposto a Igrexa de San Mamede coa súa Cruz Vermella que nos remite directamente aos Cabaleiros Templarios e a toda a historia anterior á fundación de España; ás migracións desde Terra Santa e algo que nunca debe ser esquecido: a expulsión do Pobo Xudeu con oferta de permanencia de converterse ao Catolicismo. Todos estes anos conservei un crucifixo de non máis de 20x7 cm  cunha bocha de cristal inserida secretamente no seu interior. O contido desa bocha de cristal: unha mostra de terra do Monte das Oliveiras con 2017 anos de antiguedad. Como chegou ao min e quen ma deu é algo que virá á tumba comigo. E falando de tumbas, en San Mamede está enterrado o meu pai, o meu avó e  imaxínome, se Serbia ou Australia non din outra cousa,  a un servidor tamén se lle fará un huequiño en breve.
Espero disfruteis da visita e non olvideis que antes de Neil Armstrong xa había un galego na Lúa explicándolle ao Presidente Kennedy por que un irlandés nunca debería haber elixido a Lyndon Baines Johnson como compañeiro de viaxe.

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario