mércores, 10 de maio de 2017

STOP MOTION NO IES VAL DO TEA

Según a WIKIPEDIA o Stop motion ou parada de imaxe é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.Son animacións creadas tomando imaxes directamente da realidade. Segundo o tipo de material utilizado nos modelos da animación, pódense distinguir dous tipos de stop motion: a que utiliza modelos creados a partir de materiais maleables como plastilina ou arxila e que recibe o nome de claymation, e as que utilizan figuras ou modelos feitos con materiais ríxidos. Neste obradoiro o alumnado fixo motivos de petróglifos con plastilina que despois foron fotografados e gardadas no ordenador. Finalmente co programa o profesor Xoan Carlos elaborou unha pequena película resultante do traballo. Unha vez máis grazas pola colaboración do profesorado e do alumnado.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario